fbpx
Frame do vídeo

Vídeo: Queres coñecer a historia do Bierzo en 13 minutos?

Tempo de lectura: < 1 min.

“No oeste de León, terra de paso entre a Meseta e Galicia, está o Bierzo. Ó longo da historia, varios pobos deixaron a súa pegada nela, así como un rico patrimonio histórico e cultural. Todo isto configura a personalidade e a idiosincrasia dos seus habitantes, que foi recoñecida ó longo da historia (condado, provincia), sendo na actualidade a única rexión da comunidade autónoma que goza de status rexional e o seu propio goberno”.

Esta é a historia que se reflicte nun vídeo de 13 minutos que recolle o desenrolo do Bierzo ó longo dos séculos. A historia de Bergidum Flavium, o desenrolo monacal, o viaxe de Exeria ou a presenza templaria, son algúns dos motivos que se recollen nesta historia.

 

 

O vídeo creado por Ricardo Escobar atópase subido á plataforma YouTube e responde á unha tipoloxía moi popular na plataforma, na que se explica en poucos minutos e de xeito sinxelo a historia dun territorio. Porén trátase dunha gran peza de divulgación, coidada e elaborada, que axuda a achegarse a un territorio moitas veces ignorado.

 

 

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...