fbpx
Toro do eucalipto / foto Daniel González Alén

Cortan a árbore máis grande da comarca do Deza

Tempo de lectura: 2 min.

8 metros de perímetro e 34 metros de altura facían deste eucalipto centenario de Lalín, sen dúbida, a árbore de maior tamaño da comarca do Deza. Así era o eucalipto do Tarreo en Soutolongo, unha árbore cortada o pasado venres por orde do Servizo de Mantemento da PO-534. A árbore foi cortada por seguridade dos usuarios da vía.

Pois a árbore, que crecía á beira desta estrada, sufriu o pasado setembro o desprendemento dunha póla de gran tamaño causando danos materiais a un vehículo. A árbore foi por traballadores da empresa Madeiras Fernández que dado o tamaño da árbore tiveron que empregar motoserras e varios tractores para cortar e desprazar os anacos da árbore. Tamén foi preciso cortar o tráfico.

O eucalipto vai catro anos / foto Daniel González Alén

A árbore era a de maior tamaño en grosor e altura da comarca, mais non a máis vella, pois na comarca poden atoparse sobreiras e carballos de preto de medio milenio nalgúns casos. Moitos apuntan a que este eucalipto podería ter preto de 200 anos, aínda que outros veciños sitúan a súa orixe no ano 1925 cando varios emigrantes da Arxentina, que ergueron casa escola de Vistalebre, terían traído os primeiros exemplares á comarca naquela época.

O certo é que a impoñente árbore tivo que desaparecer para manter a seguridade dun dos principais viais da comarca. Aínda que para moitos veciños esta corta podería terse evitado podando tan só as pólas que invaden o vial, xa que a árbore gozaba dunha excelente saúde. A árbore non formaba parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Toro do eucalipto / foto Daniel González Alén

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...