Descobren un dos grandes misterios do castelo de Naraío no morteiro das súas pedras | Historia de Galicia

Descobren un dos grandes misterios do castelo de Naraío no morteiro das súas pedras

Tempo de lectura: 3 min.

Un dos grandes misterios do castelo de Naraío, no concello de San Sadurniño, acaba de ser revelado. Pois varios estudos derivados da última campaña de escavacións, feitas na fortaleza entre finais de 2019 e comezos de 2020, revelan finalmente a súa cronoloxía retrasándoa entre dous e tres séculos e situando a data da súa construción no século XII.

E é que ata o de agora as orixes do castelo de Naraío eran un misterio. Pois a fortaleza aparece citada expresamente nun documento xudicial de 1377 e tamén despois, xa no século XVI no “Pleito Tabera-Fonseca”, principal fonte histórica para coñecer o ocorrido durante a segunda Revolución Irmandiña. Pero nada máis se sabía da súa orixe, polo que tradicionalmente situouse o castelo no século XIV, nun momento de loitas entre nobres e revoltas.

Porén o pasado 27 de marzo varios investigadores deron conta ó Concello da posible antigüidade do inmoble, situando a súa construción no século XII. Foi Francisco Alonso, director arqueolóxico dos traballos que se levaron a cabo en Naraío entre finais de 2019 e comezos de 2020 catas que se realizaron no entorno recolléronse mostras de cerámica, de metal e doutros restos que se analizaron mediante a técnica do Carbono-14.

A chave nos morteiros de unión entre as pedras

Porén o resultado da datación destas mostras con este método non desmentiu o que ata ese momento se coñecía. Pois o como resultado “datacións relativas correspondentes ás guerras irmandiñas” que coinciden coa historia xa coñecida do castelo. Porén non foi a única proba feita. Pois tamén para a datación do edificio procedeuse a un novedoso método de datación mediante Luminiscencia Opticamente Estimulada.

Esta técnica mide a radiación acumulada dos morteiros de unión das pedras a través dos seus compoñentes. Para isto tomáronse fragmentos de catro lugares da fortaleza e enviáronse ó Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, integrado na Universidade da Coruña. A mostra correspondente co do alxibe do castelo foi a que deu a sorpresa.

“Sacamos unha mostra do alxibe da torre do homenaxe, o primeiro elemento que se construíu, e deunos unha datación absoluta entre o 900 e o 1197. O ano 900 e o século XI podemos descartalo porque a tipoloxía do castelo non coincide con ese momento, pero a do 1197 estanos dicindo que polo menos no século XII se estaría construíndo a torre do homenaxe”, confirmaba Francisco Alonso na presentación da investigación ó Concello.

Presentación da investigación no Concello o pasado día 27 / foto Concello de San Sadurniño

Un novo xeito de entender a Idade Media na zona

Así a datación confirmaría que o castelo sería entre dous e tres séculos máis antiga do que máis comunmente se pensaba, ata o punto de que os cartaces e as guías turísticas sitúano no S.XIV. Isto implica mudar por completo o concepto que ata o de agora se tivo da fortaleza. Coa datación no século XII “metémonos no Románico, un dos períodos máis dinámicos en Galicia e momento no que Galicia é un dos territorios máis dinámicos da Península Ibérica”, explicaba Alonso.

Coa nova datación “cambia por completo a concepción que debemos ter da fortaleza. Naraío é un castelo único e un pouco raro pola localización que ten. Sempre se encadrou nunha época baixomedieval, no contexto das loitas entre nobres e das loitas irmandiñas, pero estamos vendo que se construíu moito antes e debemos estudalo dentro da lóxica do século XII, e investigar a que respondía este castelo”.

Castelo de Naraío / foto Turismo de Galicia

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: