fbpx
Coro lígneo detalle / foto Catedral de Lugo

Alertan do grave perigo do coro lígneo da catedral de Lugo, unha das grandes obras artísticas do templo

Tempo de lectura: 2 min.

O coro lígneo da catedral de Lugo estase a desfacer por dentro. Aínda que dende fora loce con relativo bo aspecto, como unha das grandes xoias da arte en madeira en Galicia, grazas a un verniz aplicado en 1950-60, interiormente atópase nun especial mal estado grazas a acción dos xilófagos, ou organismos que devoran a madeira.

Pois así deu a voz de alarma César Carnero, responsable do patrimonio histórico da diocese. Segundo el “a madeira de nogueira estase a desfacer”, porque, aínda que no seu día foi unha madeira moi boa para traballar, hoxe é unha madeira moi apetecible para a carcoma ou caruncho, o que fai que o seu estado sexa neste momento especialmente fráxil.

Coro lígneo / foto Catedral de Lugo

Segundo o experto compriría facer unha restauración profunda, desensamblándoo, recuperando as pezas e comprobando o estado da estrutura o que, na actualidade, se descoñece. Ademais Carnero afirma que nunha posible intervención poderían atoparse posibles elementos do coro medieval. Pero polo de agora a diocese non conta con fondos para un traballo de complexidade tal.

O coro lígneo é un dos grandes elementos artísticos da propia catedral de Lugo. Obra do gran escultor Francisco de Moure é o único coro de Galicia que se conserva no seu lugar orixinario, na propia nave da catedral. O coro, que ademais acaba de cumprir 400 anos, podería considerarse para moitos “o mellor coro barroco do século XVII de España”. Recolle a nova en profundidade La Voz de Galicia.

Coro lígneo / foto Catedral de Lugo

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: