fbpx
Proxecto eólico de Mouriños / GC

Moratoria eólica XA!!!, para salvar o noso patrimonio histórico, natural e inmaterial

Tempo de lectura: 2 min.
A Rede do Patrimonio remita un comunicado co que se quere sumar, tamén, a gran manifestación que vai ter lugar este 5 de xuño cos numerosos macroproxectos aprobados pola Xunta en todo o territorio galego…
“Os valores naturais dos nosos montes son coñecidos, os valores económicos están en boa medida sen explorar. Xunto con eles hai que engadir un terceiro valor que lle ven dado polo patrimonio histórico material e inmaterial que se agocha nos nosos montes. Dentro das áreas perimetrais dos parques eólicos que se solicitaron ou están en tramitación hai un abondoso patrimonio que permanece oculto e invisibilizado, mal estudiado e peor divulgado.

A día de hoxe a Consellería de Cultura, e a Dirección Xeral de Patrimonio non fixeron públicos os bens catalogados desas perimetrais dos parques eólicos facendo case imposible que as comunidades máis próximas poidan defender a súa conservación e permanencia. No momento en que a Xunta de Galicia estableceu as áreas nas que se podían solicitar a implantación de parques eólicos deberiase ter activado un protocolo de seguridade para revisar as catalogacións feitas, as súas ubicacións e ampliar as catalogación alí onde estas fosen deficitarias. Nada diso se ten feito.

Nas áreas perimetrais dos parques eólicos que se queren construir está parte da nosa idade do Ferro, do noso neollítico, do noso calcolítico, hai xacementos romanos, está o noso medievo, a nosa historia e a ameaza sobre todos estes bens é máis que clara. Hai muros de pedra seca declarados Patrimonio inmaterial da humanidade, hai muíños, hórreos e cruceiros.
Se non conseguimos unha moratoria eólica, unha boa parte da nosa historia desaparecerá sen que o goberno que a ten que protexer teña feito nada.
E se todo isto é así co patrimonio material que non poderíamos dicir do patrimonio inmaterial. Os montes están cheos de mouras, de trabes de ouro e de alquitrán, de galiñas con pitiños de ouro que só se ven na mañá do San Xoán…. Quen fixo unha recollida exhastiva de todas esas lendas e relatos antes de que o rostro do país se desfigure de tal modo que todo iso se perda? Ninguén!
Por iso dende a Rede do Patrimonio Galego pedimos unha moratoria eólica.”

Pode que che interese...