fbpx
O xacemento de Castro Valente en Padrón / foto obaixoullagal

O PP non declarará BIC o xacemento que podría desvelar o momento máis descoñecido da nosa historia

Tempo de lectura: < 1 min.

Afectado polas obras de construción de un parque eólico, no alto dun monte entre os concellos de Padrón e A Estrada. Alí se atopa o xacemento de Castro Valente, unha fortificación que, como xa contamos en varias ocasións, podería desvelar o momento máis descoñecido da historia de Galicia.

É por isto que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia quere que o xacemento sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC). Mais o PPdeG ven de rexeitar na Comisión de Cultura do Parlamento a proposición non de lei da deputada Noa Díaz do para instar á Xunta a recoñecer o valor do Castro Valente e iniciar os tramites para a súa declaración coa máxima protección.

Segundo Díaz, trataríase dun xacemento que debería gozar da máxima protección pois é “un maiores recintos fortificados” de Galicia. “Estamos ante un enorme recinto amurallado reforzado nun momento a determinar con torreóns que, nesta cronoloxía, en Galicia resulta completamente singular e só comparable morfoloxicamente á muralla de Lugo” afirmaba.

Así, tendo en conta a “especial relevancia do xacemento de Castro Valente, a confirmación das súas singularidades e o gran risco que corre”, subliñou Díaz, “consideramos necesario e procedente o seu recoñecemento como ben de interese cultural para garantir o máximo nivel de protección, seguido dunha adecuada política de inversión, difusión e posta en valor”.

Pode que che interese...