fbpx
Fonte de Altamira no Paseo de Ferradura da Alameda de Santiago, moi preto do monumento a Rosalía de Castro / foto Glocal_SainoCC0

Queres coñecer en 22 lugares a “rosa mística de pedra”?

Tempo de lectura: 2 min.

Un itinerario do roteiro “Valle-Inclán por Santiago de Compostela. Rosa mística de pedra”. Esta é a última publicación do concello de Santiago. Un folleto que describe un roteiro histórico da cidade que incorpora novidades, como fotos inéditas ou 22 citas do autor relacionadas con 22 espazos da mística cidade admirada polo histórico dramaturgo.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón explicou que neste momento “estamos pendentes de como evolucione a situación derivada da pandemia” para poder “programar eses roteiros aplicando todos os protocolos sanitarios”. En canto se confirmen as datas, darase conta das mesmas, afirmaba na presentación o pasado día 21.

O roteiro, de unha hora e vinte minutos de duración, comeza na Alameda, xunto ao monumento ao escritor, pasando, entre outros espazos, polo Teatro Principal, a Capela da Croticela, O pórtico da Gloria, a Quintana, a Praza de Cervantes, que se incorporou nesta edición; o Convento de Belvís, para rematar fronte á súa sepultura, en Boisaca.

Ramón María del Valle Inclán / foto PD Wikimedia

Un folleto para guiarse, de gran valor documental e con fotografías inéditas

Todos estes espazos, as fotografías e citas literarias, están recollidas no folleto dos roteiros. Del se editarán 6.000 unidades, a metade en galego e a outra metade en castelán. A autoría da publicación corresponde a Xaquín del Valle-Inclán e Antonio González Millán, e está producido polo Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal e editada polo Concello de Santiago e Turismo de Santiago.

Esta edición, destaca, polo seu valor documental, o orixinal da primeira caricatura coñecida de Valle-Inclán, e unha fotografía inédita. A instantánea, tal e como sinalou Xaquín del Valle-Inclán, recolle a presenza de Valle-Inclán na rúa do Vilar, saindo do Casino, xunto a varias persoas, entre elas o seu fillo Carlos e Otero Pedraio. Segundo explicou, “é un roteiro interesante, e unha mostra do que foi o Valle-Inclán de Santiago.

Presentación dos roteiros / foto Concello de Santiago

Pode que che interese...