fbpx
Vistas dende o Monte da Tomba, frame do vídeo

Vídeo: Así se ve o Monte da Tomba, no que Pontevedra está a recuperar un parque forestal con petróglifos

Tempo de lectura: < 1 min.

Un gran parque forestal acondicionado polo Concello de Pontevedra, no que se plantaron 20.000 árbores autóctonas e oliveiras, a tan só catro quilómetros do centro histórico de Pontevedra. Este é o excepcional proxecto do Concello no que, ademais de promover as súas significativas vistas con dous impresionantes miradoiros, tal e como contamos noutro artigo, estase a estudar e a recuperar unha estación de petróglifos.

E é que o pasado día 18 de marzo o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, os concelleiros de Montes e de Patrimonio Histórico, Alberto Oubiña e Xaquín Moreda, e o presidente da Comunidade de Montes de Campañó, José María Domínguez inauguraban o Parque da Tomba. Trátase dun parque forestal de 82 hectáreas de monte con excepcionais vistas, que foi posible grazas á cesión dos terreos por parte da Comunidade de Montes de Campañó para uso e goce de toda a cidade.

 

Toda esta riqueza natural e paisaxística, así como as excepcionais vistas do lugar atópanse recollidas neste vídeo de DJI Mavic Mini Cinematic, da canle de YouTube Lugares a Descubrir e publicado na plataforma o pasado 18 de febreiro. Na canle tamén se recollen a vista de dron outros lugares como a ruta da Cavadosa, O Eirado da Hermida ou Pontesampaio.

Pode que che interese...