fbpx
Un cabezudo coa imaxe de Picasso / foto fsHHCC0

A Coruña terá tamén, por fin, a súa ruta Picasso

Tempo de lectura: 3 min.

Picasso viu a súa primeira luz en Málaga, pero é na Coruña onde nace o pintor. “Ambas as cidades son as únicas que conservan en forma de museo unha vivenda onde residiu o artista malagueño”, afirmaba o pasado día 21 a alcaldesa Inés Rey.

Foi na CM Málaga a Feira de Comercio Internacióna Cidades e Museos, onde Rey e máis o responsable de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presentaron a ruta Picasso da Coruña. E é que ambas institucións están a participar estes días na feira co obxectivo de promocionar o turismo cultural na cidade e na provincia.

Ademais da participación neste evento, centrado na transformación das cidades a través dos museos, que se está a desenvolver no Palacio de Ferias y Congresos de Málaga, particípase tamén no Elevator-Forum. O motivo estrela do stand coruñés foi a presentación da ruta Picasso da cidade.

Picasso, detalle dunha das súas pinturas / foto manolofrancoCC0

A nova Ruta Picasso

Trátase dunha nova e agardada ruta turística que ofrece unha visita ós principais lugares da cidade relacionados coa vida do artista. Pois “o seu paso pola cidade deixou pegada en varios espazos arquitectónicos como a súa casa, o Eusebio da Guarda, o Teatro Rosalía de Castro ou a Torre de Hércules; e lugares, como as praias de Riazor e Orzán ou o parque de Santa Margarida”, tal e como indicaba Rey.

Mediante estes códigos QR, que se sitúan en placas nas fachadas das localizacións do percorrido, as e os visitantes atoparán información adaptada para ler no smartphone e audioguías sobre cada un dos espazos, explicados dende a perspectiva de Pablo Picasso. No portal web de Turismo de Coruña tamén se pode atopar o folleto dixital do percorrido.

Casa Museo Picasso na cidade da Coruña / foto Nemigo CCBy Wikimedia

Dúas cidades: onde nace e onde medra Picasso

Na presentación da ruta o vicepresidente e deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destacou o interese que desperta  a Ruta Picasso na CM Málaga. Pois, segundo el, responde a “unha relación natural de aproveitamento de sinerxias entre dúas cidades que están marcadas na biografía dun artista mundial que naceu en Málaga e pasou a súa infancia na Coruña, onde realiza a súa primeira exposición”.

Para Xosé Regueira trátase de “difundir non só a dimensión dos centros museísticos da cidade senón tamén a presenza de Picasso como recurso turístico de futuro“. “Cando a Deputación da Coruña foi convidada a participar neste evento, centrado na transformación das cidades a través dos museos, non tivemos dúbida en implicar ó Concello”, afirma.

Praza da Merced onde se atopa Museo Casa Natal de Pablo Picaso / foto Tarkan3679 CC0

Regueira explicou sobre a Ruta Picasso que conta co apoio da área de Turismo da Deputación da Coruña a través da liña de apoio aos plans de mellora de calidade e competitividade do produto turístico ós entes de xestión. “Consideramos desde o primeiro momento que tratar de tender unha ponte con Picasso de fondo entre dúas cidades, Málaga e A Coruña, a primeira un balcón sobre o Mediterráneo e a segunda unha sobre o Atlántico”, afirmaba.

Inés Rey lembraba tamén que existe un vínculo “picassiano” que Málaga e A Coruña gardan. Pois atópanse irmanadas desde o ano 2013 na memoria de Pablo Picasso. Rey manifestou o seu compromiso na promoción da figura de Picasso. pois a cidade é “un destino de gran riqueza patrimonial e unha variada oferta cultural nun espazo facilmente transitable a pé”.

Málaga dende Gobralfaro / foto 14578371 CC0

Pode que che interese...