fbpx
Plano do deseño da estrada / foto Arquivo do reino de Galicia

Así debuxou dous castros en 1861 un enxeñeiro durante o trazado dunha estrada Ortegal

Tempo de lectura: 2 min.

Nos territorios dos concellos de Cerdido e Ortigueira. Ese é o lugar no que no ano 1861, un momento aínda embrionario da protección monumental, o enxeñeiro Cándido Salinas identificou e debuxou con total claridade dous castros. Trátase de dous xacementos situados, un deles no lugar das Felgosas en Cerdido e o outro moi preto da desembocadura do río Mera en Ortigueira.

E é que o Arquivo do Reino de Galicia ven de publicar nas súas redes sociais no día de onte varios documento gráficos de como, nos planos do proxecto dunha estrada, aparecen perfectamente debuxados e identificados os dous xacementos. Trataríase do plano dunha estrada de segunda orde de Ferrol a Santa Marta de Ortigueira pasando por San Sadurniño.

“Chama a atención que naquela altura un enxeñeiro de obras públicas se preocupase por marcar sobre os planos elementos patrimoniais que aínda carecían de calquera protección específica na lexislación” afirman na publicación dende a institución.

Tamén lembran que se trata dun momento “cando a preocupación da administración polo patrimonio apenas se plasmaba na tutela desenvolvida, con máis entusiasmo que medios, polas comisións provinciais de monumentos e a Real Academia de Belas Artes de San Fernando” afirman. Trataríase en todo caso dun documento gráfico do máis excepcional.

Detalle do plano do deseño da estrada / foto Arquivo do reino de Galicia


Para saber máis: Pode visitarse a publicación na páxina de Facebook do Arquivo. Tamén a entrada do documento de arquivo na páxina web do Arquivo do Reino de Galicia.


 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: