fbpx
Lume en Terras Irmandiñas / foto Concello de Vimianzo

Así será ‘Lume en terras irmandiñas’ o novo espectáculo que celebrará o Asalto ao Castelo de Vimianzo

Tempo de lectura: < 1 min.

O vindeiro sábado día día 3 de xullo o Castelo de Vimianzo acollerá o espectáculo ‘Lume en terras irmandiñas’, un espectáculo que dará comezo ás 22:30 horas e que está pensada como unha das celebracións enmarcadas na conmemoración desta particular edición do Asalto ao Castelo.

Trátase dun espectáculo da man de Queiman e Pousa, que mestura a impresionante voz de Andrea Pousa coa destreza e arte do Bruxo Queiman. Recitando á par que acompaña o seu discurso con lume, crearase un espectáculo singular e único que “fará as delicias das persoas asistentes”, tal e como afirman dende o Concello.

Cartaz do espectáculo Lume en Terras Irmandiñas / foto Concello de Vimianzo

Os billetes poderán adquirirse desde mañá, luns 28 de xuño, na Casa da Cultura e as prazas estarán limitadas a 400 asentos. Desde o goberno local, destácase “a organización deste evento farase baixo unha estrita normativa hixiénico-sanitaria, seguindo as recomendacións vixentes en todo momento”.

E é que dende o Concello afirman que neste singular ano, aínda marcado pola Covid-19, “decidimos darlle o toque de Queiman e Pousa porque cremos que é un espectáculo digno de anegar as paredes do noso Castelo da maxia que merece na conmemoración dun Asalto particular”, afirman. Tamén aseguran que “agardamos poder festexar como se merece esta festa o vindeiro ano”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: