fbpx
Imaxe cenital da muralla do Castro Valente / foto Castelos no Aire

Queres coñecer in situ e da man dos seus arqueólogos o lugar que revela o noso momento máis descoñecido?

Tempo de lectura: < 1 min.

No cumio dun monte, entre os concellos de Padrón e A Estrada, como contamos noutro artigo, podería estar unha das claves para entender un dos momentos máis descoñecidos da historia de Galicia, o período entre o final do Imperio Romano e a conformación da Galicia medieval. Trátase dese excepcional momento no que se colocarían os alicerces da evolución social, política e económica da Galicia, da Idade Media e até os nosos días.

Ese xacemento é o Castro Valente, un recinto escavado por Tempos Arqueólogos SL e que apuntou interesantes conclusións na campaña desenvolvida o pasado mes de marzo. Nela aportáronse importantes datos sobre un xacemento único. Un gran recinto con ata 30 torreóns e unha extensión de 1,2 quilómetros nunha fortaleza que pecharía unha superficie de 11 ha, só comparables no seu momento coa muralla de Lugo.

Cartaz da visita / foto Castelos no aire

Agora o equipo de Castelos no Aire, o grupo de investigación encargado de desentrañar o pasado deste sensacional lugar, quere propor ó gran público un achegamento ás escavacións deste recinto. Pois o vindeiro sábado 19 de xuño o equipo de arqueólogos xunto con obaixoulla.gal, a A.C. Os Penoucos e a Rede do Patrimonio Cultural, guiarán unha visita ó xacemento. A visita partirá da escola de Morono. É posible inscribirse escribendo a obaixoulla@gmail.com.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: