fbpx
Fábrica de Tabacos da Coruña / frame do vídeo

Vídeo: Así foi a fábrica de Tabacos que recolleu Emilia Pardo Bazán, a gran industria da Coruña do XIX

Tempo de lectura: < 1 min.

“Aínda que poida parecer que foi o centenario de Emilia Pardo Bazán o que fixo que a Fábrica de Tabacos da Coruña estea de actualidade, pola recreación que dela fixo a escritora na súa obra ‘A Tribuna’, a fábrica, por si mesma, e ata o seu peche definitivo en 2002, foi sempre protagonista destacada da vida coruñesa”.

Con estas palabras presentaban o pasado mes de maio dende as Bibliotecas Municipais da Coruña un novo vídeo documental sobre a fábrica e as cigarreiras da cidade, así como da súa relación coa escritora Emilia Pardo Bazán, que se atopa de centenario neste 2021. O vídeo documental foi subido á plataforma YouTube e publicado na web do Concello.

 

O vídeo, a través de varias cigarreiras que traballaron alí, narra a historia deste importante complexo fabril, que hoxe se conserva parcialmente como Audiencia Provincial da Coruña. No vídeo as cigarreiras “rememoran para nós eses tempos, como testemuño vivo da memoria dun lugar e dunha época”.

O vídeo documental conta con imaxes do Arquivo do Reino de Galicia, en concreto do Arquivo da Fábrica de Tabacos e das coleccións particulares de Manuela Gagino Niño e Dolores Rodríguez Morás así como fotos de arquivo de varios xornais locais. O vídeo editado por Sóbiga S.L. conta coa montaxe Marcelo Abuín Sanjuan con guión de Marcelino Abuín Duro.

Pode que che interese...