fbpx
Proxecto para ampliación do Museo de Pontevedra / fotograma do vídeo de presentación, Deputación de Pontevedra

A singular ampliación subterránea do Museo de Pontevedra adíase por falta de apoios

Tempo de lectura: < 1 min.

Unir mediante un soto común os tres edificios históricos que forman parte do complexo do Museo de Pontevedra. Este era un dos grandes proxectos desta institución museística, unha das máis importantes de Galicia, para renovar as súas instalacións no centro histórico da cidade de Pontevedra.

Mais esta singular ampliación quedará adiada, tal e como anunciou o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, o pasado día 24, para centrarse noutros proxectos. O Vicepresidente anunciaba, pola contra, traballos de rehabilitación en dous dos inmobles do conxunto, o de García Flórez e o Castro Monteagudo.

O motivo tería sido o investimento feito pola institución, xunto co Concello de Pontevedra, para a compra do Convento de Santa Clara, que, tal e como contamos, pasará a formar parte tamén das instalacións do Museo. Dende a administración provincial denuncian a falta de apoio económico por parte do goberno de España e da Xunta.

A cambio rehabilitaranse o edificio García Flórez e o de Castro Monteagudo. O primeiro destinarase a exposicións temporais puntuais mentres o segundo será acondicionado como espazo didáctico do Museo. A nova recóllea o xornal Diario de Pontevedra.

Museo de Pontevedra / turismopontevedra.com

Pode que che interese...