fbpx
Acción reivindicativa na Torre de Caldaloba cunha roda de toda a súa contorna por entidades da Terra Chá / remitida

A xente dá exemplo para salvar o patrimonio: limpeza coletiva da torre de Caldaloba

Tempo de lectura: < 1 min.

Representantes de entidades da Terra Chá e de concellos lindeiros, levaron a cabo este sábado un acto reivindicativo diante da torre de Caldaloba. Un acto no que estas entidades quixeron, máis unha vez, denunciaren o estado de abandono en que se encontra este ben tan importante da historia e do patrimonio galego. E como o fixeron?… dando exemplo e rozando toda a contorna da torre.

Estas entidades coñecedoras da súa función de concienciar á sociedade do estado en que se encontra a torre e de reivindicar ás institucións que cómpre salvar este ben. “Non comprendemos – sinalan – que a administración galega poida plantexar, a estas alturas, accións diferentes que non sexan que dito ben pase ao patrimonio público e a execución de accións inmediatas para a súa recuperación”. Neste sentido, destacan que son “conscientes que a limpeza da contorna non salva a torre, que debe ser o obxectivo urxente que non admite retraso ningún”.

As entidades anuncian novas accións encamiñadas a dar a coñecer o capítulo tan importante da historia galega vinculada a Caldaloba e a necesidade da súa recuperación para a que o pobo galego teña dereito a coñecer a súa historia. Recuperarmos o noso patrimonio, recuperarmos a nosa historia!

Pode que che interese...