fbpx
Cabeceira da catedral restaurada / foto catedraldesantiago.es

As cidades Patrimonio Mundial galardoan á Fundación Catedral pola súa rehabilitación da basílica galega

Tempo de lectura: 2 min.

O grupo das Cidades Patrimonio Mundial, reunida en Mérida, ven de acordar entregar o Premio Patrimonio 2021 á Fundación Catedral de Santiago polo traballo de restauración e rehabilitación do conxunto histórico-monumental da Catedral de Santiago de Compostela. Foi na Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio celebrada en Mérida a finais do pasado mes de xuño.

Nela aprobouse por unanimidade a proposta do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, de conceder o Premio Cidades Patrimonio á Fundación Catedral, polas obras de restauración e rehabilitación da basílica compostelá. Segundo explicou o presidente do Grupo, o alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, nesta edición do prestixioso Premio Patrimonio recoñécese o importante traballo desenvolvido pola institución nesta xoia única no patrimonio mundial.

Segundo Osuna “a Fundación Catedral, cuxo padroado está presidido polo Arcebispo de Santiago de Compostela, puxo en marcha en 2008 o maior proxecto de restauración da Catedral de Santiago do últimos oito séculos”. Unhas obras que destacando por intervencións coma a de “conservación e restauración do Pórtico da Gloria, obra cume da arte universal”.

Catedral de Santiago en obras / foto javierAlamoCC0

“Ese exitoso proceso de restauración e rehabilitación merece ser recoñecido polas Cidades Patrimonio da Humanidade pola complexidade da súa intervención e pola súa altísima e indubidable posta en valor de todo o conxunto monumental da Catedral de Santiago de Compostela”, afirmaba o presidente do Grupo.

As cidades Patrimonio Mundial encabezando as listaxes de destinos durante a Covid-19

Osuna anunciou, ademais, que “solicitamos ó Goberno de España que gran parte dos Fondos de Recuperación e Resilencia destinados a paliar a crise pola Covid-19 vaian destinados de forma directa aos concellos e en especial ás 15 Cidades Patrimonio da Humanidade. As comunidades autónomas e o Goberno de España deben entender que as nosas cidades necesitan eses fondos polos esforzos que realizamos para manter o patrimonio cultural e histórico”.

Lembrábase ademais que froito desas accións, o grupo pode celebrar que a media de pernoctacións e a recuperación económica nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España neste 2021 xa supera os datos do ano 2018. Así, as cidades encabezan xa as listaxes dos destinos máis solicitados en buscadores de viaxes e internet, con datos de ocupación próximos ós de 2019, un ano histórico para o turismo.

Foto da reunión no Templo de Diana de Mérida / foto Concello de Santiago

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...