fbpx
Faro de Illa Pancha imaxe con filtro sobre unha foto de Turismo de Galicia

Así é a Illa Pancha, un singular conxunto fareiro nun dos lugares máis retratados do noso litoral

Tempo de lectura: 3 min.

Na parte máis externa da Ría de Ribadeo, a uns 2 km. do centro da vila atópase un dos lugares máis admirados da costa de Lugo. Trátase da Illa Pancha, unha pequena illa de pouco máis que 1,1 hectáreas, que se atopa unido a terra por unha ponte reconstruída en 1983. A pequena illa entre cantís, outra manifestación xeolóxica desta excepcional costa, acolle no seu interior un excepcional espazo natural e dous faros.

Unha solitaria illa con dous faros

Esta pequena illa foi o lugar que no século XIX, en 1857, foi escollido para localizar o único faro da Mariña Oriental. Aquí se construíu un pequeno faro de perpiaño, situado no centro da illa, con planta cadrada, vivenda do fareiro e a lanterna localizada no centro da cosntrución. Estivo en funcionamento ata o ano 1983.

 

faro de illa pancha / foto turismo.gal

Este foi o momento no que se construíu o segundo faro da illa. Foi neste caso unha torre cilíndrica de formigón de maior altura e maior alcance. Está decorado con franxas brancas e negras, situándose no extremo noroccidental da illa. Nese ano reconstruíse a ponte de acceso ó tempo no que a vello edificio de 1857 quedou abandonado.

Así tivo que agardar, pechado o acceso ó público, ata o ano 2013, no que o o plan de conversión dos antigos faros en aloxamentos turísticos aprobado polo Consello de Ministros apuntou unha nova vida para o lugar. No ano 2017 foi rehabilitado e convertido nun aloxamento turístico con dous apartamentos para catro persoas cada un e zona axardinada.

#illapancha é un dos cancelos máis populares de Instagram

Un refuxio para as aves

O faro, e por tanto o hotel atópanse en plena Rede Natura. O espazo é escollido como lugar de paso e parada para un gran número de aves procedentes do norte de Europa na súa viaxe cara o sur, así como zona de aniño de paxaros non estacionais. Por isto o lugar forma parte da Zona Especial de Conservación Río Eo o Humidal Protexido Ría de Ribadeo e zonas ZEPVN e Ramsar da Rede Natura 2000.

É por isto que a conversión do edificio en hotel causou un grande malestar entre os veciños da veciña vila indiana. Entre os anos 2014 e 2017 diversos colectivos como Ribadeo por Nuestro Faro convocaron protestas contra o proxecto por localizarse en zonas non autorizadas para uso turístico, así como contra as restriccións de acceso. Neste 2021 Ecoloxistas en Acción solicitou á fiscalía a revisión da licencias do establecemento.

Faro da Illa Pancha / foto Turismo de Galicia

Un dos faros máis retratados de Galicia

Certo é que dun xeito ou doutro o conxunto fareiro da Illa Pancha é un dos lugares máis retratados de Galicia. Localizado moi preto da Praia das Catedrais, e ó pé dun lugar moi codiciado polos surfeiros. Con olas únicas en determinada época do ano, no por eles chamado Ila Pancha Challenge.

O lugar ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, especialmente unha especie invasora, a unlla de gato, que na primaveira enche a illa por completo co tapiz das súas características flores rosadas.

Faro de Illa Pancha foto Lino Vital Hidalgo CCBy Wikimedia

Pode que che interese...