fbpx
Castro de Baroña / foto Jorjum CC-BySA Wikimedia

Nova intervención para evitar que o Castro de Baroña morra de éxito

Tempo de lectura: < 1 min.

O Castro de Baroña, o gran fito monumental da comarca do Barbanza, será recuperado cunha nova intervención. Trátase dunha obra para frear o deterioro ó que está sometido habitualmente o xacemento polo elevado número de visitantes que se achegan ó xacemento, e que ten como obxectivo frear o deterioro no castro producido dende a súa última intervención arqueolóxica no ano 2015.

A obra, financiada polo Concello de Porto do Son, estará dirixida por Luis Francisco López e Miguel Ángel López Marcos, e coordinada polo arqueólogo Tito Concheiro. Ten como obxectivo a consolidarán das estruturas, a recuperación das paredes caídas, acondicionamento do itinerario da visita e a reposición da sinalización, ademais de limpar o xacemento. Prevese a súa execución en agosto.

O Concello de Porto do Son espera levar a cabo tamén pronto outras accións pendentes  para mellorar as infraestruturas do castro, como mellorar a accesibilidade ou proporcionar prazas de aparcamento. A nova foi recollida polo xornal El Correo Gallego.

Pode que che interese...