fbpx
Fragatas inglesas nun combate naval / pintura

Cando un só buque inglés atacou e conquistou a vila de Muros

Tempo de lectura: 2 min.

O Santuario da Virxe do Camiño, en Muros, conserva dous impactos de bala de canón que locen nas fachadas este e sur. Foron os impactos que recibiu en 1805 esta vila recibiu a inesperada visita dun buque inglés que non dubidou en disparar contra a igrexa, a vila e o forte da vila.

Os feitos, perfectamente documentados nos arquivos do Almirantazgo Británico sucederon o día 4 de xuño de 1805. Foron protagonizados polo buque Loire, ao mando do Capitán Maitland e sucederon así:

“Despois de atacar diferentes poboacións da ría de Camariñas, e habendo feito presos a mariñeiros do buque Esperanza, soubo por estes de que no porto de Muros había fondeada unha nave corsaria francesa, de nome “Confiance”, armada con 27 canóns. Posto en rumbo a Muros, ás nove da mañá do día 4 de xuño, ao pasar o faro Rebordiño, o Loire viuse sorprendido polo fogo dos canóns do castelo da Vila, que provocaron nove feridos na tripulación do navío inglés. Aínda que o Capitán Maitland ordenou contestar o fogo, viu que os canóns dos muradáns estaban moi ben situados e que poderían causar máis danos ao seu buque, por iso, ordenou ao tenente Yeo asistido nesta ocasión polos tenentes dos marines reais Samuel Mallock e Joseph Douglas e o segundo tenente en funcións Charles Clinch, que asaltasen por terra a fortaleza e inutilizaran os seus canóns.

O castelo foi tomado ao asalto, sendo os seus defensores apresados, mentres o Loire, bombardeaba a Vila e os seus arredores. Paralelamente o capitán Maitland, tras facerse cargo dos dous corsarios franceses e dun bergantín mercante español tamén fondeado, enviou unha mensaxe á poboación asegurando que en ningún momento dar actos de pillaxe nin se atentaría contra as vidas e bens de propios.

Unha delegación formada por notables de Muros (o capitán Maitland escribe no Diario de navegación do Loire, que uno dos delegados era o Bispo de Muros) agradeceu persoalmente ao capitán inglés o seu nobre xesto así como o cristián proceder do tenente Yeo e os seus homes cos feridos españois e franceses do fortín.

Ao pouco da batalla o Loire abandonou Muros, levándose ao buque francés “Confiance”, e outros dous, de ahi a frase moi coñecida de Muros: “A confianza levouna ou inglés”.  Publicado por Manuel Lago Alvarez en Themurostimes

Pode que che interese...