fbpx
O Castro Lupario, mítica fortaleza da raíña Lupa / Wikipedia

Comezan a poñer en valor o Castro Lupario, a gran fortaleza da mítica raíña Lupa

Tempo de lectura: < 1 min.

Botou a andar o primeiro campo de traballo voluntario que se realiza no Castro Lupario, impulsado a nivel nacional polo Concello de Rois. A actividade, que se prolongará dez días, está centrada nos primeiros labores de escavación do castro, prácticas de limpeza e siglado (identificación de pezas achadas). Ten como obxectivo involucrar a un grupo de 11 persoas voluntarias de entre 18 e 30 anos, todas galegas fóra dunha sevillana, no coidado da natureza para pór en valor un castro no que a lenda xacobea sitúa o castelo da Reina Lupa.

Supervisados por unha directora de campo, dous arqueólogos e dous monitores, as tarefas centraranse no estudo dos restos e a limpeza na parte exterior da muralla, sobre todo na zona sur, co fin de identificar cal era a forma que tiña.

Tal e como recolle La Voz de Galicia, a primeira acción centrouse en identificar os restos dunha igrexa dentro do perímetro do castro. Era a de San Antonio, localizada na carballeira e que, polo menos, estivo a pé ata o século XVII. De feito, deu nome á parroquia de San Antonini de Castro. Cando foi levantado o castro é unha das moitas incógnitas por resolver pero, segundo explicou o arqueólogo David Fernández Abella, ten polo menos 2.000 anos e estaba habitado nos comezos do Cristianismo.

Ademais das actividades arqueolóxicas, hai previstas outras como xornadas multiaventura con tiro con arco, talleres tradicionais de cerámica e barro, visitas a Santiago de Compostela e percorridos por distintos lugares de Rois.

O castro Lupario, tamén coñecido como castro de Beca foi declarado Ben de Interese Cultural en decembro de 2009. Quizais foi a capital dos Amaecos e chegou a acadar moita importancia. A lenda xacobea sitúa neste castro a residencia da raíña Lupa.

Pode que che interese...