fbpx
O "casco celta" de Tui / turismo.gal

Coñeces o famoso “casco celta” atopado en Tui?

Tempo de lectura: 2 min.

En 1977 publicábase “Casco Celta de Caldelas de Tui. Singular hallazgo arqueológico“, un artigo de Aquilino G. Santiso, Jesús Gómez Sobrino e Xoán Martínez do Tamuxe publicado no boletín do Museo Diocesano de Tui que daba conta dun “extraordinario descubrimiento” ao dragar o río Miño.

Tratábase dun casco que nese momento, estes investigadores do Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño identificaron cun elemento arqueolóxico de gran importancia. É unha peza de bronce dos séculos IV-III a.d.C., moi similar ao achado en Gorrita (Valladolid) ou ao de Villaricos (Almería). Está clasificado no tipo “montefortino A/B”, dentro do grupo denominado “en forma de gorro de jockey”.

O seu uso se xeneralizou nas guerras púnicas, pero non se sabe como puido chegar ao río Miño. No NW. atopouse outro en Braga. As pezas considéranse importadas e a súa orixe mediterránea, pero este tipo de cascos galaicos son autóctonos. Destacan os elementos decorativos estampados de series de SS e triangulos con vesantes, característicos da cerámica galaica desde fase II da Idade do Ferro anterior à campaña de Décimo Xuño Bruto e que aparecen nos castros de Sta. Tegra, Troña ou Couto da Pena.

Casco de Leiro / Museo Arqueolóxico de Santo Antón

Os achados destes cascos están case sempre relacionados co ajuar funerario e fixéronse maioritariamente no Leste e Sur peninsular, aínda que fragmentados ou abolados. A súa conservación é excelente, aínda que perdeu o botón ou espigón superior no que terminaría. . Hoxe pode visitarse no Museo Diocesano de Tui.

Tamén de 1976 é o achado do casco ou cunca de ouro de Leiro,probablemente da Idade de Bronce Final.  Atopábase dentro dunha cunca de barro. Na actualidade consérvase no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, na Coruña.Tamén presenta paralelismos con outros exemplares da Península Ibérica, como as cuncas de Axtroki e Villena, e do norte de Europa.

Pode que che interese...