fbpx
Arde Lucus /, wajariCC0

Unha “castrexa” e un “romano” contarán a historia dos tres castros restaurados por unha empresa de Madrid

Tempo de lectura: < 1 min.

A Deputación de Pontevedra pon en marcha “Historias cavadas”, un programa de visitas escenificadas para poñer en valor os tres castros da provincia, cuxa restauración resultou polémica e causou unha enorme polémica nas redes sociais.

Trátase dos castros de Toiriz en Silleda, Alobre en Vilagarcía e de Subidá en Marín restaurados a través dun proxecto  promovido e financiado polo Ministerio de Fomento a través da empresa Patrimonio Inteligente. Os tres están incluídos nun protocolo de intervención froito dun acordo entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a súa posta en valor. O proxecto contou cun orzamento 520.000 euros e tivo por obxectivo a súa musealización e adaptación á visita.

Precisamente, tras a polémica, a Deputación de Pontevedra quere impulsar as visitas cun programa realizado por Troula Animación con visitas teatralizadas cun “romano” e unha “castrexa” que tentarán darlle unha “onda cómica” a estes percoridos pla historia para “convertelos nunha experiencia non sóp cultural, senon divertida para todas as idades”, segundo suliña o organo provincial nun comunicado.

“O obxectivo das actividades nestes enclaves patrimoniais é interpretar a historia, o valor cultural, o contexto social e o significado artístico, patrimonial e simbólico destes xacementos arqueolóxicos e que chegue ao público dunha maneira amena e didáctica, que axude a comprender o importantísimo papel que teñen como testemuñas do pasado e o indispensable labor de recuperación e respecto que se realiza para sacalos á luz e que continúen a súa historia cara ao futuro”, indica.

Pode que che interese...