fbpx
Gárgola comida por un canlón no convento-pazo de Vista Alegre, en Vilagarcía / Martina Miser-La Voz

A gargola dragón que é comida por un canlón

Tempo de lectura: < 1 min.

Fernando de Andrade e Sotomayor, fundou a igrexa e o convento de Vista Alegre de Vilagarcía de Arousa en 1648. A edificación constitúe xunto co seu pazo matriz, construído a mediados do século anterior e unido a ela por un característico arco, o principal conxunto monumental da capital arousá. Goza, de feito, da categoría de monumento nacional, co grao máximo de protección urbanística. Pero, tal e como recolle a edición de Arousa de La Voz,  a pesar desa protección hai cousas que atentan coa boa feitura desa obra como é unha gárgola, en forma de serpe ou dragón, “que permanece cruelmente amordazada por un canlón”. Máis en LVG.

Pode que che interese...