fbpx
Petróglifo do Barco do Monte Lousado / Bruno Novoa

Atopado un novo petróglifo dun barco en Oia: era tanta a conexión co mediterráneo hai 3.000 anos?

Tempo de lectura: 3 min.

Artigo de Bruno Novoa

Un novo petróglifo dun barco de tipo mediterráneo foi a topado hai uns días no Monte Lousado (Oia) , nunha das caras do monte da Groba. Este achado está moi preto da estación de Auga dos Cebros, no río Vilar, tamén en Oia. A estación na que se atopan tres tipos de embarcacións está a menos de seis quilómetros desta nova embarcación gravada na pedra.

E como aconteceu en Auga dos Cebros, o efecto das chuvias destapou esta nova estación xa que a construción dunha nova pista na zona cambiou o curso das augas que, ao escorrentar ladeira abaixo, deixaron ao descuberto este petróglifo que se atopa nun moi bo estado de conservación. Ademais, na zona xa hai outros elementos patrimoniais catalogados, entre eles, o petroglifo “Marco do Monte Lousado” a 320 m de distancia (dirección Sur-Este), o Casteo Monte Lousado  e un petroglifo a 480m de distancia (dirección Sur-oeste) e o petroglifos “Alto do Lousado”a 800 m de distancia (dirección Nor-Oeste)

O petróglifo, atopado por Bruno Novoa e Xurxo Salgado, está nunha pedra de granito de grano gordo de 1,6m x 1,7m que conten planos inclinados que oscilan dos 25º a 40º respecto da horizontal. Concretamente o panel que conten o barco está na esquina inferior dereita, presenta unha inclinación de 35º e a sua ortogonal apunta dirección Nor-Este. A liña que conforma a cuberta do barco mide 65 cm de popa a proa levando dirección N10E, é dicir, esta liña está case orientada Norte-Sur con una desviación aproximada de +10º. A linea do mastil está a 90º de la anterior descrita e mide 35 cm dende a punta do mastil ata a punta da quilla, orientada Este-Oeste de novo con unha desviación de +10º aproximadamente. Neste fotogrametría 3D pódese ver perfectamente a súa tipoloxía:

O grabado do barco ten unhas incisións muy pronunciados que o fan visible a simple vista, mesmo con luz difusa. É unha carácterística que chama a atención dende o primeiro momento xa que as rochas do redor presentan unha meteorización moi forte. Por iso,  ou ben o petróglifo foi repicado en tempos máis modernos, ou ben permanecía baixo terra e recentes cambios de fluxo de auga provocaron que quedara ao descuberto. A segunda hipótese ten bastante sentido despois de observar a pista que se atopa na cota superior recén reformada e descargando a auga da cuneta contra o camiño do petroglifo. O percorrido actual da escorrentia completa a escena dando a sensación de que o barco navega sobre a auga, un efecto tamén observado nalgún dos barcos de Auga dos Cebros, que parecen navegar a carón dun regato.

Petróglifo do Barco do Monte Lousado nun día de chuvia. Pode verse como o rego corre ao seu carón / Bruno Novoa

Cronoloxía

É difícil apuntar unha croloxía a falta dun estudo máis fondo, pero, a súa tipoloxía podería ser moi semellante a algún dos barcos atopados en Auga dous Cebros, xa que ten forma dunha embarcación mediterránea, ben de tipo exipcia ou ben micénica. De feito, os arqueólogos Javier Costas Goberna e Antonio de la Peña, apuntan que un dos barcos atopados nesa estación (concretamente un no que se representan remeiros) podería tratarse dun barco con cuberta superficial, o cal o situaría no Heládico Final IIIB, 1325-1185 a.C., ou Chipriota Final IIC, 1300-1190 a.C. no Exeo.

Xa son varias as embarcacións gravadas na pedra atopadas nesta zona o que incrementa a hipótese as importantes relacións comerciais que podería haber hai 3.000 anos. De feito, Costas Goberna ten apuntado a unha gran actividade comercial entre o mediterráneo e o atlántico europeo, sobre todo, na procura de estaño.

Conservación

Mais aló do estudo da sua antigüidade ou tipoloxía,  a primeira preocupación e a máis inmediata é que o petróglifo se atopa no medio dun camiño. Corre risco de ser danado por maquinaria forestal ou calquera outro vehículo pesado. A prevención é a solución máis efectiva, polo que urxe a súa sinalización e protección.

Pode que che interese...