fbpx
Unha das catas no xacemento de Proendos / foto Consellería de Cultura

Atopan na “mítica Proencia” o hórreo romano máis grande do norte peninsular

Tempo de lectura: < 1 min.

As escavacións que se realizan na parroquia de Proendos, en Sober, revelaron “un gran hórreo romano” que podería ser o de maior tamaño do noroeste peninsular. Así o suliñou o alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, que puntualizou que “o máis importante foi o xeorradar que se pasou pola zona hai dúas tempadas”, co que “xa se divisaban claramente construcións“. “Sabiamos que estaba enterrada unha vila romana, esa mítica Proencia. O ano pasado, na primeira fase, foise directamente a lugares que parecían que tiñan edificios singulares e, nesta segunda fase, igual”, detallou tal e como recolle Xornal de Lemos.

Así, anticipou que “se vai a descubrir por completo un hórreo romano” con “unhas dimensións espectaculares” e que “pode ser o máis grande de todo o noroeste peninsular”. En concreto, indicou que esta construción “ten un mínimo de seis patas” e un edificio circular que “pode ser un columbario, algún tipo de depósito de auga ou posiblemente tamén un pombal”.

O rexedor de Sober sinalou que o que se espera, como nas escavacións levadas a cabo o ano pasado, é “atopar elementos que demostren de que época son as zonas que están escavadas“, que “poden ser do século I e II do Alto Imperio Romano”. “Estamos na zona máis antiga do primeiro plano romano que acredita a existencia de Proencia”, apuntou.

Rodríguez Guitián avanzou que os traballos se prolongarán durante “tres semanas”, nunhas catas nas que “traballan 16 persoas”. “Despois farase unha xornada de presentación dos resultados. A nosa intención é que a próxima fase que fagamos sexa xa para consolidar este hórreo, deixalo aberto para que sexa visitado“, apuntou. Toda a reportaxe en XdL.

Pode que che interese...