fbpx
Illas Cíes foto vjgalaxyCC0

Na busca dos restos perdidos da illa norte das Cíes

Tempo de lectura: < 1 min.

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda iniciou unha intervención etnográfica-arqueolóxica nunha construción na illa norte o arquipélago de Cíes, no lugar dos Ferreiros, onde se atopan os restos do que se cre que foi unha ferrería.

Alí se traballará ata o mes de decembro, en diferentes fases. Nos próximos meses combinarase o traballo de gabinete coa realización de actividades de campo: documentación inicial (preparación do proxecto de intervención); limpeza das estruturas; instalación dun panel informativo; e tratamento final da información rexistrada (elaboración da memoria final dos traballos).

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto ao arqueólogo Santiago Vázquez e a unha representante do Parque Nacional Illas Atlánticas nos restos dunha construción nas Cíes / XUNTA DE GALICIA

O arqueólogo principal do proxecto, Santiago Vázquez, explicou que as actuacións levaranse a cabo sobre as estruturas do enclave etnográfico, retirando manualmente as plantas trepadoras que crecen nos paramentos. Só en casos puntuais e necesarios fixaranse algunhas das pedras con morteiro de cal hidráulico e árido silíceo e, en ningún caso se cortarán árbores ou reconstruirán muros. Máis información no Xornal de Vigo.

Pode que che interese...