fbpx
Restauración da ponte de Augapesada, en Ames / Concello de Ames

Así está quedando a Ponte de Auga Pesada, orixe da batalla de Altamira

Tempo de lectura: < 1 min.

A ponte de Augapesada é un lugar mítico na historia da terra da Maía. É un punto de referencia do Camiño de Fisterra e que está cheo de historia, xa que aquí foi onde se xuntaron as tropas señoriais o 13 de Xuño 1471 para combater ao exercito de Fonseca II, Arzebispo de Santiago, na batalla de Altamira, así como un punto para tomar folgos antes de acometer a subida de mar de ovellas.

Esa ponte, que o Concello de Ames di que é de orixe romana, está sendo agora acondicionada. A ponte de Aguapesada está situada no antigo Camiño real de Santiago a Fisterra. É unha ponte de cantería con arco de medio punto que conta coa catalogación de ben de protección integral (BIC). Ao lado da ponte sitúase un muíño de rodicio movido pola agua do Rego dos Pasos e tamén catalogado como BIC. A ponte e a zona que a rodea sufriron unha restauración hai uns anos pero actualmente tanto a ponte como a zona de descanso atópanse nun evidente estado de deterioro.

As actuacións consisten no acondicionamento do terreo para levar o rego ao leito orixinal e que o mesmo atravese o arco central da ponte o que implica o retranqueo dun muro de pedra. Ademais reconstruirase o pavimento, vaise instalar un banco de granito e unha limpeza xeral da ponte.

Pode que che interese...