fbpx
Pintada no Castelo da Pica, no Xurés / LR

Atentan contra o patrimonio en pleno parque do Xurés. .. “Graffitis” no Castelo da Pica

Tempo de lectura: < 1 min.

Pintar e atentar contra un castelo medieval. Esa é a última moda dalgunhas persoas que non reparan no importante dano que lle están facendo ao patrimonio. Iso foi o que aconteceu hai uns días cun dos elementos icónicos do pobo da Illa (Entrimo), en pleno Parque Natural do Xurés, o Castelo da Pica, que foi vítima de actos vandálicos.

A asociación de veciños da Illa e a súa vicepresidenta, Mónica Domínguez, denunciou estas pinturas coas que apareceron as coñecidas como pedras cabalares. Un atentado que, ademais se fixo nunha zona de difícil acceso.

“É necesario coñecer e dar a coñecer para conservar e recuperar o noso patrimonio”, comenta Dominguez Barroso no xornal La Región. A vicepresidenta da asociación veciñal lembra que “o patrimonio é un ben de todos, por iso temos que facelo noso, coñecelo e comprendelo para poder respectalo e coidalo, xerando unha espiral que chegue cada vez máis lonxe”.

O Castelo da Pica é unha denominación que provén de xeracións, aínda que algúns habitantes da zona chámanlles “pedras cabaleiras” pola disposición na que se atopan. É unha formación de rochas de gran tamaño superpostas, dando un aire de grandeza e maxestosidade á contorna. Hai posibles evidencias dun castelo medieval no seu cume. Vía LR.

Pode que che interese...