fbpx
Traballos de escavación no pecio Viveiro I / Perfecto Souto (EPASUNO) - National Geographic

Que segredo naval ocultan as augas de Viveiro?

Tempo de lectura: < 1 min.
O pasado 31 de agosto descubríase ao redor da Insua de Area, en Viveiro,  un astrolabio en perfecto estado. Había tempo que se sabía que alí había estaban os restos dun naufraxio antigo sen identificar. No an0 2019, o Equipo de Patrimonio Sumergido para el Norte ( EPASUNO), da Federació n Españonda de Actividades Subacuáticas ( FEDAS), realizou o estudo e a fotogrametría dun conxunto de canóns que suxerían a existencia dun pecio (un barco afundido) de Idade Moderna (séculos XVI ao XVIII), ao que os arqueólogos bautizaron como Viveiro I.
A finais deste verán realizouse unha primeira fase de inmersión de arqueoloxía subacuática. O obxectivo do equipo nesta fase da investigación era confirmar se, ademais de materiais en superficie, baixo os sedimentos,  ocultábase efectivamente un pecio. Os achados atopados foron dándolle a razón ao que se atopou en 2019; un arcabuz; un falconete (unha peza de artillería de menor envergadura que os canóns que ía axustada á borda), e numerosos canóns inconexos de armas portátiles.
Pero quedaba por atopar o máis importante, restos de madeira, que puideran certificar que se trataba dun pecio e, ademais, poder datalo. Uns restos que apareceron o último día da campaña o que provocou que o equipo alongara uns días máis os traballos que tamén deron os seus froitos, atopando novos fragmentos de madeira. Deste xeito, confirmouse oficialmente a existencia dun novo pecio nas augas de Viveiro. Agora queda realizar unha nova campaña para coñecer a importancia desta embarcación tendo en conta que Viveiro xogou un papel fundamental na navegación dos séculos XVI e XVII, e que foi o primeiro punto en socorrer as naves da malograda Gran Armada de Felipe II. Toda a reportaxe en National Geographic

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: