fbpx
Pintada nos petróglifos dos Mouchos,en Rianxo / LVG

Rianxo sae ao rescate do patrimonio en más privadas e que está abandonado

Tempo de lectura: < 1 min.

O concello de Rianxo presentou ás comunidades de montes un plan de mantemento e limpeza dos sitios arqueolóxicos do concello durante tres anos, un proxecto que non é moi común entre os concellos galegos. Coordinados polo arqueólogo Mario César Vila e con medios municipais, limparase toda unha zona cunha especial densidade de xacementos, en especial petróglifos e mámoas.

O alcalde, Adolfo Muíños, explicou, tal e como recolle La Voz, que se solicitou o permiso dos propietarios, co fin de realizar despois os trámites ante Patrimonio para a obtención das autorizacións. Tamén destacou que se continuará coas xestións para que un dos xacementos incluídos neste plan, o de Os Camiños, sexa declarado BIC.

A zona de limpeza abrangue a área montañosa que vai de Leiro e Isorna ata Asados e inclúe diferentes e emblemáticas estacións de arte rupestre. O obxectivo non é só facer visibles estes sitios arqueolóxicos senón protexelos contra os lumes, que provocan grandes afeccións neses espazos. Para que o plan sexa posible, cómpre o permiso dos propietarios dos bens arqueolóxicos.

Pode que che interese...