fbpx
Imaxe dun mural de Lugrís con humidades no Museo Maside / EP - Carlos Maside

Alertan de problemas de conservación da obra de Castelao no Museo “Carlos Maside”

Tempo de lectura: < 1 min.

O mal estado do Museo Galego de Arte Contemporánea “Carlos Maside” de Sada está a provocar “problemas de conservación” na obra de Castelao que este alberga. Por isto a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo insiste, con urxencia, na consideración deste espazo como Ben de Interese Cultural (BIC).

A través de “Areal”, a súa revista cultural, trasladaron o seu manifesto e están a facer unha recollida de sinaturas para acelerar este proceso que comezou no 2016. Demandan que o museo ten un abandono “de continente e contido” polo que é urxente esa denominación como BIC que facilitaría a súa protección, inestimento e promoción.

Ademais, hai que ter en conta que dentro do Museo “Carlos Maside” alberga un número significativo de obras de Castelao que si son consideradas Ben de Interese Cultural. “Na actualidade (a obra de Castelao) sometida a problemas de conservación polo estado xeral do Museo“, segundo comenta a Asociación Cultural.

Mais de 850 persoas xa asinaron o manifesto en defensa deste museo histórico, que se creou en 1970 grazas á labor do Laboratorio de Formas de Galicia co obxectivo de “rehabilitar e revitalizar” a cultura galega aínda dentro do franquismo.

Como se indica no manifesto publicado na revista cultural de Sada “Areal”, a Xunta de Galicia realizou o informe necesario que se publicou dende a Consellería de Cultura en 2018. Pero, desde entón, non houbo ningún outro movemento administrativo para nomear o Museo “Carlos Maside” como Ben de Interese Cultural para facilitar a súa protección e conservación das obras que aloxa.

Pode que che interese...