fbpx
Mámoa do Penedo Gordo, en Monfero, con eucaliptos / Xabier Moure

As denuncias de eucaliptización comezan a facer efecto

Tempo de lectura: < 1 min.

No mes de setembro comuniquei ao Servizo do Patrimonio Cultural na Coruña unha plantación recente de eucaliptos sobre as mámoas catalogadas, tal e como publicou Historia de Galicia,  do Penedo Gordo e número 2 do Castelo, na parroquia de San Fiz de Monfero. Ao mesmo tempo informei da localización dun novo enterramento con restos de cámara nas inmediacións da primeira, tamén con eucaliptos sobre o túmulo, para que procederan á súa catalogación.

No mes de outubro chamáronme da Policía Autonómica para aclarar algunhas cuestións relativas ás agresións.

Pois ben, o día 20 de novembro visitei as mámoas e, para a miña sorpresa, agradable neste caso, comprobei que os eucaliptos foran retirados, non quedando rastro deles. E non só iso, tamén retiraron os da mámoa que estaba sen catalogar. Rapidez e eficacia. Así, dá gusto.

Mámoa de Penedo Gordo, en Monfero, sen eucaliptos / Xabier Moure

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Divulgador e investigador do patrimonio. Impulsor do colectivo Patrimonio dos Ancares

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: