fbpx
Vista aérea do Barrio do Cura / VigoHoy

Atopan estruturas arqueolóxicas no megaproxecto urbanístico do Barrio do Cura en Vigo

Tempo de lectura: < 1 min.

O Barrio do Cura en Vigo está sobre estruturas arqueolóxicas. Préto da rúa Poboadores xa se poden observar restos de estruturas antigas de pedra que aínda teñen que ser analizadas polos expertos.

A administración local olívica ten pensado contruir máis de 250 vivendas no Barrio do Cura, zona totalmente aboandoada da cidade que se atopa a escasos metros do Concello. Pero antes de comezar co proceso foi obrigado pola Xunta de Galicia a realizar unha serie de cautelas arqueolóxicas que non incluía o plan local.

Como explica La Voz de Galicia, para subsanar esa carencia, a pasada semana comezaron os traballos arqueolóxicos na zona máis próxima á rúa Poboadores. Os restos apareceron na zona que vai acoller o trazado da nova rúa de unión entre Torrecedeira e o Paseo de Alfonso.

As excavacións aínda non remataron polo que os arqueólogos aínda non realizaron un informe sobre as estruturas descubertas. O Barrio do Cura é moi rico a nivel arqueolóxico polo que hai certa expectación por este descubremento.

Ademais, como destaca La Voz, no ano 1952, Xosé María Álvarez Blázquez, entón comisario de arqueoloxía de Vigo, atopou unha sepultura romana de inhumación nun desmonte entre o actual colexio público Picacho e a antiga praia de San Francisco. Este precedente está a escasos 200 ou 300 metros de onde agora volveron os equipos de arqueoloxía.

Máis información: La Voz de Galicia

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: