fbpx
Unha das nove fotográfias feitas por Henri Durand-Brager durante a busca dos galeóns de Rande en 1870 / Concello de Vigo

Cando a busca do tesouro de Rande permitiu tomar as primeiras fotografías submariñas de Europa

Tempo de lectura: 2 min.

Durante máis de 150 anos as fotografías submarinas máis antigas do mundo mantivéronse agochadas nun faiado dunha casa francesa. Agora, por casualidade, estas fotografías demostran que as primeiras fotografías submariñas foron tomadas en Vigo no ano 1870.

O descubrimento do historiador vigués Eduardo Rolland componse de nove fotografías que documentan a travesía do historiador Hippolyte Magen na súa busca dos galeóns de Rande e o seu tesouro. Entre esas nova pezas atópanse dúas que foron tomadas baixo a auga da Ría de Vigo, xunto con outras instantáneas que amosan diversas tarefas durante a expedición.

Imaxe de restos dos galeóns de Rande rescatados na expedición dirixida por Hippolyte Magen / Concello de Vigo

Este feito histórico debeuse a invención dunha campá subacuática por parte do enxeñeiro Ernest Bazin. Este instrumento permitiu ao fotógrafo francés Henri Durand-Brager mergullarse coa súa cámara e tomar as primeiras fotografías subacuáticas no 1870.

Ademais, estas imaxes mostras os grandes avances técnicos que se produciron nesta expedición. Por exemplo, pódese observar o respirador Rouquayrol que permitía aos mergulladores sumerxirse durante 30 minutos na auga. Unha das imaxes subacuáticas tamén mostra as lámpadas eléctricas de iluminación submarina, as lámpadas Ruhmkorf, que foron estreadas nesta busca dos galeóns de Rande.

Descubertas por casualidade

Como os mergulladores de Le Vigo sumerxíanse en busca dos tesouros da Ría de Vigo no 1870, o historiador e xornalista vigués Eduardo Rolland mergullouse no arquivo da Biblioteca Nacional de Francia e atopou estas nove fotografías que inclúen as dúas primeiras fotografías subacuáticas da historia.

As fotografías atopábanse no faiado dunha casa francesa, catalogáronse e puxéronse en poxa. O concello francés de Angers, localidade natal do invertor da campá subacuática Ernest Bazin, puideron facerse con elas mais non as souberon contextualizar.

Pode que che interese...