fbpx
Cova de San Xoán Vello, en Viveiro, un posible eremitorio altomedieval / eneldeseado.blogspot.com

Cando os primeiros cristiáns de Galicia buscaban covas ocultas para practicar a fé

Tempo de lectura: 2 min.

Rebeca Blanco Rotea forma parte do equipo Síncrisis da Universidade de Santiago que está realizando as excavacións na cova de San Xoán Vello, en Viveiro. Trátase dun lugar de moi difícil acceso e no que os investigadores cren que se atopa unha eremitorio e unha igrexia altomedieval.

As investigacións e catas diríxense á confirmación ou refutación de hipóteses sobre a orixe das construcións encontradas neste lugar. De momento só se encontraron dúas tumbas, unha delas expoliada, e muros que poden corresponder a diferentes momentos da historia. Todo isto iniciouse logo do aviso de expolio dunha tumba por parte da asociación Mariña Patrimonio.

“Sabemos da existencia dun templo que logo se traslada no século XVIII ao emprazamento actual de San Xoán Novo, aínda que non sabemos as datas de orixe da primeira igrexa”, apunta Rebeca Blanco en declaracións a Xornal da Mariña. “Cremos que podería haber un primeiro eremitorio que podería ser altomedieval, un segundo edificio non sabemos se baixomedieval e logo xa intervencións modernas. Todo isto son hipóteses pois o obxecto do traballo é datar os restos e as construcións”, engade.

O divulgador e invstigador Manuel Gago diante da cova de San Xoán Vello / Capítulo Cero

Neste sentido, suliña que, para elixir un emprazamento como é unha cova ten que haber uns motivos importantes mais descoñecidos nestes momentos. “Como dicía Taboada Leal, podería haber augas salutíferas, por ser un lugar sagrado ou porque están cristianizando algún lugar anterior. Isto de momento é especulación e até non termos os datos suficientes non poderemos dar cunha resposta”, apunta.

O caso de San Xoán Vello non é único. De feito, nos últimos anos estanse estudando interesantes casos de eremitorios ou igrexas altomedievais no medio de covas. Entre elas, destacan San Pedro de Roca en Esgos, na Ribeira Sacra, a cova de San Xoán Vello e logo a cova no Cotillón, na Ribeira Sacra, que está sendo estudada por un equipo dirixido por Xurxo Ayán e Sonia García Rodríguez. Toda a información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...