fbpx
Cova de San Xoán Vello, en Viveiro, un posible eremitorio altomedieval / eneldeseado.blogspot.com

Descubrimentos sorprendentes na cova da igrexa de San Xoán de Vello; restos de nenos e un posible non nato

Tempo de lectura: < 1 min.

Na primeira xornada da segunda etapa de excavación na cova de San Xoán de Vello, en Viveiro, os arqueólogos do grupo Síntesis atoparon unha ducia de ósos humanos e un posible non nato. Posiblemente, estos restos pertenceron a nenos que foron sepultados na propia igrexa da cova.

Os científicos abriron unha das tres tumbas que se conservan no xacemento, en concreto a que apareceu completa, e atopáronse algo que non esperaban: unha zona moi movida durante moito tempo, cun revolto de ósos, seguramente moitos deles de cadáveres para enterrar a outras persoas.

Ademais, como lle indica a La Voz o arqueólogo Fran Alonso, o máis novidoso foi “atopar un probable feto”, o cal “é moi raro que estea incorporado nunha igrexa, nun lugar sagrado”.

A mala conservación dos restos dificultará a labor do antropólogo, que pretendía estudar a partir dos ósos aspectos como as patoloxías dos individuos.

Pode que che interese...