fbpx
Xelmírez co rei Alfonso VI, miniatura do Tumbo de Toxosoutos

Diego Xelmírez: a gran incógnita na vida do arcebispo que controlou Galicia no século XI

Tempo de lectura: 3 min.

Diego Xelmírez foi o bispo por excelencia de Santiago de Compostela durante a Idade Media. Sen el, a capital galega non se convertiría no que é na actualidade. Da vida de Xelmírez, que foi nomeado bispo no 1100 d.C. ata a súa morte que se data entre o 1939 e o 1949,  sabemos practicamente todo menos onde está enterrado: a gran incógnita da súa biografía.

Diego Xelmírez ou Didacus Gelmirici (como el firmaba en latín) contou con tres biógrafos aos que encargou Historia Compostelana, unha crónica sobre a súa vida escrita entre o 1109 e o 1139. Grazas a esta obra coñecemos a meirande parte dos detalles das súas vivencias, agás a súa data de nacemento, que se estima entre os anos 1068 e 1070, e os detalles do seu falecemento.

No 1092, con 22 anos ás costas, entrou ao servizo do Conde de Galicia, Don Raimundo de Borgoña. Un ano máis tarde foi nomeado administrador da diócese de Santiago, aínda que perdeu o cargo, polo que aproveitou para visitar Roma. Ao seu regreso, recuperou a súa posición como administrador e, xa no 1100, nomeáronno bispo.

Xelmírez estivo ben relacionado coa Orde de Cluny e cos diferentes papas cos que coincidiu durante o seu bispado. Enfrontouse habilmente con outras sedes eclesiásticas que consideraba rivais (Braga, Mérida e Toledo) pois Santiago non era metrópole nin sede primada, como apunta Diego Lamas de Doira Servizos Turísticos. Estes eran os grandes obxectivos de Xelmírez.

O bispo que modernizou Santiago

Pintura de dona Urraca

 

Conseguirá finalmente do papa Calixto II ambas cousas: Xelmírez será o primeiro arzobispo de Santiago e Compostela terá carácter de sede metropolitana, en detrimento de Mérida, no ano 1120. Xelmírez é quen dota a Santiago de toda a súa dignidade: promociona a reforma gregoriana, a construción da catedral románica e do claustro, e as peregrinacións. Santiago de Compostela, con Xelmírez como bispo, convertirase nunha das dióceses e santuarios máis ricos e importantes da Idade Media, como ben explica o guía Diego Lamas nun artigo para visitasguiadas.es.

O bispo compostelano dominou Galicia a través de alianzas e conflitos con personaxes importantes da alta nobreza como coa raíña Urraca ou co Conde de Troba. Coa raíña destaca unha alianza no 1117, que provocou o levantamento da cidade e fixo que o arcebispo tivera que escapar polo tellado da catedral disfrazado de mendigo, ademais dunha gran rivalidade que o levou dúas veces a prisión (1111 e 1120).

O enigma do súa morte

O seu falecemento dátase entre o 1139 e 0 1140, durante o reinado de Afonso VII que o propio Xelmírez coroou de neno na catedral. Historia Compostelana, non recolle as causas da súa morte nin o lugar de enterramento. Xosé Manoel Sánchez Sánchez, profesor de Historia Medieval da Universidade de Vigo, escribiu un artículo no 2018 no que desvela a existencia dun documento incompleto conservado no Archivo Histórico Diocesano, a Chronología de los Señores Arzobispos de la Yglesia Cathedral de Santiago, do século XVIII, onde se abre a posibilidade a que Xelmírez fose deposto por unha conspiración, a que lle quitasen a vida, ou a que se retirase lonxe de Compostela.

Reconstrución da fachada románica da catedral / foto arteguias.com

Don Antonio López Ferreiro, polígrafo e historiador del siglo XIX, canónigo da catedral e redescubridor da tumba apostó

lica, argumentou que o corpo do bispo Xelmírez se atope na mesma Catedral de Santiago de Compostela. A pesar de estar prohibido ná época debido ao Código de Graciano (1140), os restos do bispo máis relevante de Santiago de Compostela na Idade Media estarían no claustro, xunto a antesacristía.

O profesor Sánchez tamén comenta esta posibilidade nun artigo en Compostellanum no ano 2018. O profesor explica que no ano 2007 levouse a cabo un estudo con xeoradar e atopáronse certas anomalías na antesacristía que son compatibles coa existencia de enterramentos. Polo tanto, é posible que Ferreiro estivese no certo, e Xosé Manoel Sánchez propón que se investigue in situ. Esta investigación arqueolóxica podería descifrar a gran incógnita da biografía do bispo Diego Xelmírez.

Para máis información, visitasguiadas.es

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: