fbpx
Supostos lagares rupestres en Oímbra, Ourense / excursiones ramonrosita.blogger

Investigan un posible lagar aparecido nas escavacións dun castro da Idade de Ferro en Santa Mariña de Maside

Tempo de lectura: < 1 min.

Dende o luns 15 de novembro, un grupo de cinco arqueólogos e unha restauradora levan a cabo excavacións no xacemento de Santa Mariña de Maside, que xa deixaron ao descuberto importantes restos prehistóricos e medievais.

Os restos atopados demostran a ocupación deste castro na Idade de Ferro e na Alta Idade Media, como informa La Región. Agora, o equipo técnico está traballando nun posible lagar excavado nun bloque granítico.

Ademais de realizar unha profunda limpeza do espazo coñecido como a Pía da Santa, unha plataforma de pedra que alberga un complexo sistema de pías así como unha necrópole medieval. O director das excavacións, Andrés Rodríguez Sobrino, sinala que este sistema de pías indica “a existencia posiblemente dun espazo de produción vinculado ao tratamento e trasvase de augas”.

Asimesmo, o proxecto ten como obxectivo sinalizar unha ruta que ligue o xacemento co Camiño Natural do Río Barbantiño, a creación dunha web para difundir los resultados e a realización de actividades culturais de promoción. Máis información en: La Región

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: