fbpx
Castro de Vigo, no Castro / turismo.gal

José Manuel Hidalgo Cuñarro, arqueólogo: “Hai 2000 anos Vigo era unha gran cidade”

Tempo de lectura: < 1 min.

A pesar de que a imaxe que se ten de Vigo polo público xeral dunha cidade na que só hai luces de Nadal e unha industria naval que vai a pique, arqueolóxicamente é un lugar moi rico. Unha das persoas que así o demostrou foi o arqueólogo estradense José Manuel Hidalgo Cuñarro, o arqueólogo municipal de Vigo, que, nunha entrevista para Atlántico, sinala a relevancia dos xacementos vigueses.

Hidalgo é un experto no castro de Vigo, el dirixiu a súa excavación nos anos 80. “O que se pode ver só representa o 10% dun xacemento que ocupa todo o parque e que chega ata Camelias“, sinala o arqueólogo que dirixe a web Arqueovigo. “Fai 2000 anos esta era unha gran cidade“, apunta ao tempo que desmonta ese dito de que “Vigo non ten pasado”.

O Castro de Vigo ten moita historia, nel tamén se atopa un castelo que arrasou con parte das construcións castrexas xa que “se usaron as rochas para a muralla e a cimentación“. Hidalgo aporta que “para completar a musealización do xacimiento, poderíase crear un espazo na mesma fortaleza con pezas orixinais, para contar a historia dende o poboado castrexo ao castelo“.

Agora está dirixindo o estudo “Memoria arqueolóxica do castro de Vigo. Cultura castrexa e romanización de Vigo”, e comenta que a importancia das investigacións arqueolóxicas non debe quedar nas excavación, deben de ir máis aló e toda a información ten que ser publicada porque “o excavado sen publicar é como un xacemento destruído”. Máis información en: Atlántico

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: