fbpx
Mergullo na campaña do galeón San Francisco, na ría de Ribadeo / foto Miguel San Claudio Xornal da Mariña FORSEADISCOVERY

Miguel San Claudio, arqueólogo mariño: como pasar de ser considerados cazatesouros a ser científicos

Tempo de lectura: < 1 min.

O arqueólogo mariño, Miguel San Claudio, nunha entrevista no Xornal da Mariña explicou as dificultades que se atoparon en Galicia para a investigación arqueolóxica subacuática. Miguel San Claudio é investigador asociado na Texas AIM, na Universidade Nova de Lisboa e tamén é investigador asociado ao Instituto de Investigación Arqueolóxica Náutica de Texas.

San Claudio declara que o principal factor polo que ata os últimos anos non se deron catas arqueolóxicas en Galicia foi “polas malas condicións  para conservación de patrimonio subacuático galego, ademais que en ambientes académicos sostiñan que non se podería mergullar en condicións seguras“.  Ese foi o primeiro obstáculo que se deu nas dúas últimas décadas dos século pasado. Xa entrados no novo milenio “houbo que demostrar a existencia dun patrimonio arqueolóxico subacuático que fose digno de estudo“, afirma ao Xornal da Mariña.

O apoio á investigación arqueolóxica subacuática incrementouse neste milenio polo cambio de mentalidade por parte da Xunta e das universidades galegas, na opinión do arqueólogo. O descoñecemento previo era clave: “tíñase a visión de cazatesouros e afeccionados, todo sen vagaxe científica“.

Tamén explicou como se prepara unha investigación arqueolóxica mariña, na que actualmente o máis importante é formar un grupo de traballo: “Actualmente unha investigación estándar xa non implica un único investigador. Hoxe tes a tarefa de formar un equipo científico con todas as persoas que estean investigando o campo onde traballas ou campos con afinidade ao teu ou que o teu traballo lles aporte a eles máis coñecementos e información para as súas investigacións”. Vía Xornal da Mariña

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: