fbpx
Imaxe do lugar onde está situado o castro Montaz / Deputación de Pontevedra

Na procura dos “castros de serra” da comarca do Deza

Tempo de lectura: < 1 min.

A comarca do Deza conta con 107 castros, dos cales só catro son considerados como “castros de serra” polo divulgador Antonio Presas. Esta non é unha cifra proporcional aos 96 kilómetros de lonxitude de superficie montañosa que delimita dita comarca.

Os “castros de serra”, segundo Presas, non son usuais e teñen unhas características específicas, pero en xeral acostuman a ser atopados nos cumes dos montes, formando unha liña divisoria. Deste xeito, os nosos devanceiros podían ter unha visión periférica de todo o lugar, o campo visual é “pleno”.

Mapa que sinaliza a visión dende o Castro Montaz / Facebook Antonio Presas

Un destes casos que describe Presas, é o Castro Montaz atópase na Serra do Candán a uns 659 metros de altitude. Atópase nunha elevación granítica nuha ladeira da montaña, pero non no cumio do monte. Polo tanto, non conta cun campo visual “pleno” como é característico noutros “castros de serra” da comarca que se sitúan nos altos das montañas. Uns exemplos destes son: o Castro de Cantelle (a 897 metros de altitude), Castro Pequeno (a 897 metros) e Castro de Pena Grande (a 899 metros).

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: