fbpx

O caso da “estrana” estela de Rodeiro, perdida nunha casa particular desde hai cen anos

Tempo de lectura: < 1 min.

Galicia é un territorio rico arqueoloxicamente, en calqueira rincón pódeste atopar con algunha peza que pode ter relevancia a nivel histórico. Nos anos 1929-1930, foi desenterrada unha “estrana lousa”, como explica o divulgador Antonio Presas a través do seu perfil en Facebook, mentres se realizaban traballos agrícolas. Esta “lousa” estaba labrada por ámbalas dúas caras e con letras que os descubridores non foron quen de descifrar.

A “lousa” foi gardada na casa dos propietarios da finca e nos anos 70 o investigador Luis Monteagudo foron na súa busca para confirmar as súas pesquisas, que se tratara dunha estela funeraria. A Monteagudo, ex-director do Museo Arqueolóxico de A Coruña, non se lle permitiu ver a peza.

Na década seguinte, unha investigadora especialista en epígrafes, como indica o divulgador, si observou a peza e confirmou que se trataba dunha estela funerario dos séculos I e II d.C. Esta estela ten dous características que a fan especial. A primeira é que corresponde a un cemiterio da época imperial que se atopaba préto do castro de Vence. A segunda é que a estela inclúe o nome orixinal do castro:  Castelum de OLCA.

Dos 3500 castros que hai en Galicia só coñecemos os nomes orixinais de moi poucos, por iso esta estela é tan especial. A pesar da súa relevancia, a estela segue nunha casa de Rodeiro que non é de coñecemento público, ao igual que non hai ningunha fotografía dela.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: