fbpx
Cemiterio neogótico de Goiriz / Xacopedia

Piden declarar BIC os cemiterios neogóticos da Terra Chá

Tempo de lectura: < 1 min.

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Parlamento galego a proposta de declaración BIC dos cemiterios neogóticos da Terra Chá. Esta iniciativa vai acompañada tamén dun plan de usos destas instalacións fúnebres, o que garante a súa protección sen provocar dificultades e prexuizos ás propietarias e propietarios.

A deputada por Lugo do BNG, Olalla Rodil, sinalou que estes espazos fúnebres son únicos en Galiza “cemiterios como os de Goiriz, Alba, Román, Rioaveso ou Xermar no concello de Vilalba constitúen un patrimonio material de enorme valor artístico e cultural e un elemento único da paisaxe da Terra Chá, mostra do traballo dos canteiros da comarca”

Neste senso, Olalla Rodil subliñou a necesidade desta protección “as administracións públicas deben pór en valor e difundir a súa historia“. “Desde o BNG defenderemos no Parlamento galego a que desenvolvan estas accións, ningún país prescindiría nin relegaría un elemento como son estes espazos”, dixo a deputada.

Desde o BNG defenden que esta protección amparada pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, a cal non suporá ningunha traba para as usuarias e usuarios, xa que nesta iniciativa inclúe a creación dun plan de usos. A deputada enfatizou a importancia desta medida “son espazos funerarios nos que moitas persoas teñen soterrados os seus familiares e en ningún caso queremos que a protección do patrimonio lles cause prexuízos” declarou Olalla Rodil.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: