fbpx
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Santa Baia, a igrexa pantasma esquecida e espoliada no tempo

Tempo de lectura: 2 min.

Despois de realizar as labouras de limpeza e roza da contorna da Igrexa Parroquial de Santa Baia, o Concello de Mazaricos continúa quere recuperar este singular templo que estivo durante máis de 20 anos abandonado, como unha pantasma petrificada no tempo, e foi froito de numerosos espolios. De feito, o concello anunciou a a adxudicación de dous dos proxectos con cargo ao remanente municipal. 

Entre eles está o proxecto de obras de limpeza e consolidación do templo de Santa Baia (Chacín). Unhas obras en Santa Baia evitarán o deterioro deste conxunto patrimonial do século XVI que se atopa nun estado ruinoso.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O obxectivo do Concello é acondicionar a contorna para que sexa visitable por turistas e veciños, especialmente por atoparse alí soterrados familias e seres queridos da veciñanza do municipio. A intervención en Santa Baia tamén foi encargada a unha empresa local. O traballo comezará con carácter inmediato.

É un templo de tres naves separadas por arcos que descansan en cimacios, por arcos de medio punto sobre columnas de sección octogonal, semellantes aos varais dos cruceiros. A capela maior ten planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón de cantería apoiada nun arco faixón. Os retablos, hoxe desmontados e gardados en espera de que algún día se poidan restaurar conxuntamente coa edificación pétrea, pertencen a segunda metade do XVIII e teñen a graza e a elegancia propia do rococó. Conserva o adro, o cemiterio e as ruínas da casa reitoral.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: