fbpx

Satán, Romasanta ou divinidades do terror… expertos intentan explicar como entender o mal en Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

A Sociedade Arqueolóxica Galega (SAGA) convidou a varios expertos para explicar nesta fin de semana en Pontevedra como funciona o mal, o terror, en definitiva, “o lado escuro da humanidade”, como sinala o seu cartel promocional.

A Sociedade Antropóloxica Galega é a organizadora desta quinta edición das Xornadas sobre Antropoloxía, que voltan á presencialidade tras o parón por mor da Covid. A Concellería de Cultura e Patrimonio do Concello de Pontevedra colabora neste evento que promociónouse baixo o lema: “O mal: terror sobrenatural, violencia e pobreza”.

Día a día

A primeira xornada comezou ás seis da tarde coa participación do pai José Criado que analizou o mal dende o punto de vista do cristianismo, seguido da conferencia telemática do antropólogo José Luis Cardero que propuxo “unha mirada cara as divinidades ancestrais do terror”.

O sábado día 6 constou dunha sesión de mañá e dunha de tarde. Ás 11 do mediodía, a xornalista Montse Fajardo tratou a represión das mulleres como forma de terror. Rocío Ovalle, profesora da USC, aproveitou a súa quenda para expoñer o tema “Proxeccións que transforman. O ben institucional, o ben colectivo e o ben individual, entre o idealismo e a coherencia”.

Pola tarde a palabra tomárona a partir das 6 da tarde o criminólogo Manuel Carballal e o antropólogo Félix Castro. A conferencia de Carballal tratou sobre a figura de Satán, e a de Félix Castro sobre asasino en serie Manuel Blanco Romasanta.

A última xornada baseouse nunha visita guiada polo antropólogo, e presidente de SAGA, Rafael Quintía polo Parque Etnoarqueolóxico Outeiro das Mouras situado en Salcedo. Esta visita comezou ás 10:30 dende o Centro Social A Casa Verde de Salcedo.

Pode que che interese...