fbpx
Foto de familia dun grupo de mineiros da mina de Azúmara / La Voz de Galicia

A mina de arsénico que enriqueceu a Castro de Rei e a súa posible relación coa Alemaña nazi

Tempo de lectura: 2 min.

A mediados do século XX o concello de Castro de Rei viviu unha repoboación grazas a unha mina de arsénico situada na parroquia de Azúmara que lle deu riqueza. Este é un lugar rico metalurxicamente, hai quen di que na época romana xa se extraía prata e ouro, e durante o século XIX o bronce era o protagonista no coñecido como monte de Toxeiros.

Como recolle unha reportaxe de La Voz, sobre a mina de Azúmara sobrevoan historia e lendas, quizais a máis misteriosa é o destino final dos barrís de arsénico que alí se producían. Durante anos especulouse que o polvo letal podería enviarse á Alemaña nazi para ser utilizado nos campos de concentración. Esa é a explicación máis efectista, pero tamén hai quen asegura que simplemente se transportaba primeiro a Asturias e máis tarde a Vigo para a fabricación de biocidas.

Germán Huerta, un dos mineiros que traballaron no monte de Toxeiros, declara que “no 44 e por aí dicían que se mandaba para a guerra, non sei para que o usaban, quizais para facer algunha cousa química. E despois destinárono para o arseniato mesturándo moi pouco arsénico con cal e talco”.

A mina de Azúmara produciu unha riqueza da que se xerou toda unha industria. Trallajadores de A Pontenova e de parroquias próximas puxeron rumbo ás galerías subterráneas na busca dun salario que rondaba as 12 pesetas e 10 céntimos por xornada, como recolle Lorena García en La Voz.

A comezos dos años 50, tras dez anos de traballos, a mina deixou de funcionar. Primeiro abandonouse a extracción e máis tarde desmontouse a serra. Suponse que foi a caída da demanda, pero tampouco está claro o motivo polo que a explotación mineira que durante anos deu riqueza a Castro de Rei desapareceu. Para máis información: La Voz de Galicia.

Pode que che interese...