fbpx
Traballos arqueolóxicos na área de O Preguntoiro / EP

Atopan as orixes dun mosteiro de Pantón onde os veciños dicían que había un “tesouro”

Tempo de lectura: < 1 min.

Os pasados meses de outubro e novembro, un grupo de arqueólogos traballou na área de O Preguntoiro situada en Pombeiro, concello de Pantón. Nesa zona atopábase o antigo mosteiro que, segundo as historias dos veciños, agochaba un tesouro. Os investigadores non atoparon tesouro algún agás os restos que confirman as orixes da localidade lucense.

Trátase da primeira campaña arqueolóxica na zona promovida pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e apoiadas polo Concello. Como recolle El Progreso, as escavaciones organizáronse para profundizar nas orixes do mosteiro de Pombeiro, e os resultados foron tan satisfactorios que garantizan a continuidade do proxecto.

Debido ao abandono do lugar, o primeiro traballo que tiveron que realizar foi a da roza e limpeza de especies invasoras. Despois, comezouse a traballar no xacemento e, co paso do tempo, atopáronse varios tramos de muro, pezas escultóricas, un trozo de rosetón e inscripciones rupestres en cruces, como indica El Progreso.

O mosteiro de San Vicenzo, segundo narra a tradición oral, fora o artífice da construción dunha ermita prerrománica ou medieval, á que se accedía dende o templo a través dunha calzada e na que se facía culto a San Xoán Degolado. “É un lugar moi emblemático, excepcional dentro do que é a Ribeira Sacra”, indica Xurxo Ayán, arqueólogo a cargo da dirección da prospección. Máis información en El Progreso.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: