fbpx
Fauna marina milimétrica / La Voz

Cando as montañas galegas eran un mar no Devónico, hai 400 millóns de anos

Tempo de lectura: < 1 min.

Moitos dos elementos que acabarían formando as ribeiras do Sil atopábando no fondo do mar hai máis de 400 millóns de anos. O xeólogo Xosé Carlos Barros, membro do comité científico do xeoparque Montañas do Courel, achou un conxunto de fósiles microscópicos de animais mariños que ofrece un particular interés científico no concello de Ribas do Sil.

O descubrimento, exposto na revista Geogaceta, é formado por un bloque rocoso que resultou estar formado por unha gran cantidade de cunchas de pequenos animais mariños coñecidos como diacroconáridos, como recolle Francisco Albo nun artigo en La Voz. Ademais, segundo explica Gutiérrez-Marco, a disposición na que se fosilizaron as cunchas indica que “0 mar no que viviron estes animais producíanse moitas turbulencias e que no fondo había unhas correntes moi activas“.

Os investigadores determinaron que estes fósiles mariños pertencen ao período Devónico, fai 419 y 393 millones de años. Estes fósiles son os segundos que se atopan desta época e é a primeira vez que animais do grupo dos diacroconáridos se identifican no territorio galego. Os investigadores consideran que os fósiles de Ribas de Sil poden pertencer a unha especie denominada Nowakia acuaria, especie propia de augas temperadas e cálidas. Máis información en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: