fbpx
Detalle da Carta Xeométrica de Fontán

Cartografía de hai cen anos permite o descubrimento dun novo camiño medieval a Santiago de Compostela

Tempo de lectura: < 1 min.

Fai máis de 1000 anos que comezaron as peregrinacións a Santiago de Compostela que cambiarían a historia de toda Galicia. Este feito tan relevante fainos pensar que xa coñecemos todo, que non hai máis camiños a Santiago de Compostela que descubrir, mais non é así. Antón Malde e o seu equipo de arqueólogos descubriron unha nova vía que comeza na parroquia de Vilar, Pontedeume.

Malde identificou este percorrido de orixe medieval a través de vías recentes e vestixios máis antigos. “Este camiño medieval comunicaba a parte alta das Mariñas, por Irixoa, Aranga e Monfero, con Compostela, unha cidade que disloca toda a rede de camiños”, sinala o arqueólogo á La Voz de Galicia.

Como recolle este mesmo xornal, a primera pista atopouna na cartografía de Domingo Fontán de 1845, unha documentación que permitiu no seu momento deseñar os camiños de ferro Santiago-Carril e A Coruña-Madrid. Asimesmo, os traballos de Domingo Fontán foron a principal referencia cartográfica ata fai aproximadamente 100 anos. De feito, Malde consultou arquivos e cartografía da Deputación da Coruña do primeiro cuarto del siglo XX que foi o que máis pistas lle deu. Porque, segundo apuntou no xornal, ademais das cartas, de Domingo Fontán, algúns dos vestixios principais son perfectamente visibles, como o ponte de Muniferral. Para máis información: La Voz de Galicia.

Pode que che interese...