fbpx

Coñece a aplicación coa que viaxeremos para coñecer o Castelo de Narahío no s.XIV

Tempo de lectura: < 1 min.

O pasado e o futuro, o patrimonio e as novas tecnoloxías, unha vez máis unidas para facilitarnos a entendemento do noso pasado.  O castelo de Naraío conta xa cunha ferramenta que nos axudará a entender a súa dimensión histórica e arquitectónica grazas a unha aplicación móvil que reconstrúe a fortaleza tal e como era no século XIV.

A aplicación foi deseñada por un equipo interdisciplinar que implicou persoas expertas en historia, arqueoloxía e modelado 3D. Para disfrutar do resultado hai que achegarse ao castelo, descargar a APP e despois apuntar coa cámara a calquera dos dos paneles explicativos que están colocados no acceso principal e no alto do torreón, como apunta COPE na súa web.

Esta nova ferramenta ten dous niveis. Por unha parte está a recreación en 3D da fortaleza, baseada nas investigacións arqueolóxicas dos últimos 20 anos. Logo, atopámonos coa narración que acompaña o percorrido contextualizando tanto a época como as funcións que cumpría cada parte do castelo. Para máis información: COPE.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: